Benvidos á "Pensión da Estrela" en pleno corazón do Casco Histórico de Santiago de Compostela e cun marco incomparable como é a prazuela de San Martíño Pinario.
Esta pensión ten as comodidades necesarias de calquera aloxamento a un prezo económico e con extras como son a conexión a Internet gratuíta, televisores LCD en cada habitación e unha práctica cociña onde se poderán preparar o almorzo antes de comezar unha xornada de visita a Santiago de Compostela.
¿Qué hai en Santiago de Compostela? podes escoller entre as distintas alternativas culturais, atraccións, excursións e museos, visita o noso apartado ¿Qué facer en Santiago? para máis información, ollea a revista Culturall e lánzate á aventura de descubrir unha cidade nova.
Pero non todo vai ser Cultura, Santiago de Compostela tamén é unha cidade excelente para practicar algunha ruta gastronómica. E non te esquezas de relaxarte nalgunha das zonas verdes e parques da cidade como Santo Domingo de Bonaval, entre outros.
Ademais os nosos hóspedes poderán gozar da vida nocturna polo centro, tanto pola zona vella como polo "ensanche" ou zona nova onde poderán comprobar o ambiente universitario desta cidade, pequena en dimensións pero grande en cultura e gastronomía.